Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata as 15 horas do día 29 de xuño

- A competición, que recupera a Turrasoga, disputarase a fin de semana do 30 de xuño e 1 de xullo

mundiall

Valga, 12 de xuño de 2018.

Valga celebra a fin de semana do 30 de xuño e 1 de xullo a décimo terceira edición da Festa da Xuventude, que ten como unha das actividades de maior participación veciñal as Olimpíadas da Aldea. O prazo para inscribirse nesta competición está xa aberto, podendo dirixirse os interesados ao Concello ou ao Auditorio Municipal.

Para participar nos torneos, tanto femininos como masculinos, de Brilé, Carretilla, Esquís Cooperativos e Xirarei precísanse equipos de catro xogadores titulares máis dous suplentes e os premios serán de 150 euros para os primeiros clasificados e de 75 para os segundos. O Mundialito de Fútbol, no que tamén se manteñen as categorías masculina e feminina, disputarano equipos de tres xogadores titulares e dous suplentes. Os campións serán gratificados con 200 euros e os segundos clasificados con 100, ademais das correspondentes medallas.

Os integrantes dos equipos deben ser de Valga admitíndose só dúas excepcións por equipo. Segundo establecen as bases, considérase que é de Valga calquera persoa empadroada na vila ou que estivera censada durante 10 ou máis anos, aínda que actualmente non o estea.

O prazo de inscrición pecharase ás 15 horas do día 29 de xuño. Non se admitirá ningún equipo despois desa hora, xa que esa mesma tarde realizarase o sorteo das rondas eliminatorias.

As Olimpíadas disputaranse na praia fluvial de Vilarello. Na tarde do sábado 30 xogaranse as eliminatorias. As finais resérvanse para o domingo 1 a partir das 16:30 horas xunto cunha das novidades desta edición: a recuperación do xogo da Turrasoga, no que se outorgarán tamén 150 euros aos primeiros clasificados e 75 aos segundos.

A aldea que acumule máis medallas será a gañadora absoluta das Olimpíadas. Na última edición os equipos feminino de Forno e masculino de Vilarello foron os máis laureados.

Olimpiadaas

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver