Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos, cun prazo de execución de tres meses, suporán a pavimentación dun tramo de 790 metros de lonxitude

- A Consellería de Medio Rural subvenciona o proxecto cunha aportación de 41.875 euros

obrasr3

Valga, 7 de xuño de 2018.

A empresa Construcións, Obras e Viais (Covsa) deu comezo ás obras de acondicionamento do camiño que enlaza o lugar de Raxoi coa pista de Martores a Parafita, un proxecto que conta cun orzamento de 52.251,43 euros, IVE incluído, e que subvenciona a consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvento Rural (Agader) cunha aportación de 41.875,31 euros.

As obras consistirán no pavimentado do vial con capa de triple rego asfáltico nunha lonxitude de 790 metros. O prazo de execución é de tres meses.

Con esta actuación preténdese dotar ao vial de condicións axeitadas para a circulación e continuar ofrecendo á cidadanía uns servizos axeitados, achegando a rede viaria municipal aos residentes nos núcleos rurais de Valga.

obrasr2 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver