Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A estrutura, de 1’20 metros de ancho e 22 de longo, está feita con madeira de eucalipto e pino

- As obras respectaron o entorno natural, sen variar a morfoloxía do terreo e sen danar a vexetación e o arborado da zona

passarela1

Valga, 6 de xuño de 2018.

O Concello de Valga ven de executar unha actuación de mellora da accesibilidade á fervenza de Raxoi, obras nas que se investiron 7.596’82 euros e que consistiron na instalación dunha nova pasarela de madeira con escaleiras de baixada a este enclave natural de interese turístico do municipio.

Debido ás inclemencias meteorolóxicas e ao uso, o acceso á fervenza atopábase en mal estado de conservación, de maneira que en ocasións resultaba complicado baixar ata o cauce do río Valga. A nova estrutura ten un trazado máis adaptado á morfoloxía do terreo e con menos pendente para facilitar o acceso as visitantes.

Trátase dunha pasarela de 1’20 metros de ancho e 22 metros lineais de lonxitude divididos en varios tramos de escalóns e rampas con lixeira pendente. A estrutura, as vigas transversais, os postes cilídricos e varandas son de madeira de eucalipto autóctono. O piso é de tabla de pino con tratamento en autoclave que aumentará a súa durabilidade e garantirá unha mellor conservación á intemperie.

O proceso de instalación foi moi laborioso polas dificultades para transportar o material ata o lugar e debido á morfoloxía do terreo, con importantes desniveis. Ademais, o chan de terra da ribeira do río fixo necesario anclar a estrutura da pasarela a bases de pedra natural para reforzala.

Durante todo o proceso respectouse o entorno natural. En ningún punto se variou a morfoloxía do terreo e, para non causar danos á vexetación, conserváronse as árbores existentes incrustadas na propia pasarela, con folgura suficiente permitir o seu crecemento futuro.

Os traballos foron realizados pola empresa local Valdeza e, para financialos, o Concello concorreu a unha liña de subvencións da Deputación Provincial para a recuperación e rehabilitación do patrimonio histórico-cultural.

passarela2

passarela3 passarela4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver