Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O responsable da fogata debe cubrir un impreso comprometéndose a adoptar as medidas de seguridade necesarias

- Os servizos de emerxencias realizarán un seguemento durante toda a noite do 23 de xuño para garantir que non se producen incidencias

 

Valga, 5 de xuño de 2018.

O Concello de Valga ten aberto o prazo de solicitude de permisos para prender as tradicionais fogueiras na noite de San Xoán, do 23 ao 24 de xuño. As persoas interesadas deben acudir, co seu DNI, ás oficinas municipais e cubrir un impreso comprometéndose a adoptar as medidas de seguridade precisas e indicando a parroquia e o lugar nos que se acenderá a fogata, que quedará baixo a súa responsabilidade. O prazo permanecerá aberto ata o xoves 21 de xuño.

O listado completo de solicitudes será posto en coñecemento do xefe provincial do Servizo de Defensa contra incendios do Distrito Forestal XIX Caldas-Salnés, así como dos efectivos do Grupo de Emerxencias e de Protección Civil que, durante toda a noite de San Xoán, farán un seguemento das fogueiras para garantir que non se produzan incidentes.

O Concello de Valga fai unha serie de RECOMENDACIÓNS aos veciños que vaian a celebrar o San Xoán co acendido de fogatas:

  • Por mor da seguridade non fagan moreas dunha altura excesivamente elevada
  • Non fagan a fogueira preto de lugares con vexetación
  • Con exceso de vento non prendan a fogueira
  • Eviten usar nas fogatas materiais que co vento poidan provocar un incendio (ramas de eucalipto, papeis, etc.)
  • Procuren ter auga preto para actuar ante posibles escapes do lume
  • Non utilicen na fogueira materiais contaminantes (pneumáticos, aerosois, etc.)
  • Deixen a fogueira completamente apagada antes de marchar
  • Lembre que no caso de ter problemas debe chamar ao 085 ou ao 112 (a chamada é GRATUÍTA)

 

A folla de solicitude pode descargarse AQUÍ

A folla de recomendacións pode descargarse AQUÍ

Bando fogueiras

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver