Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A primeira charla, sobre como sacar o máximo beneficio ás tendas en liña, terá lugar o martes

- O luns día 4 está programada, ademais, unha xornada sobre contratación de viaxes

2c

Valga, 1 de xuño de 2018.

A Aula CeMIT de Valga ofrece durante o mes de xuño un ciclo de catro conferencias sobre comercio electrónico, impartidas polo Centro Demostrador TIC de Galicia dentro do programa #MesD e dirixidas a xerentes, responsables ou persoal técnico de empresas e negocios de calquera sector.

A primeira sesión formativa terá lugar o vindeiro martes, 5 de xuño, a partir das 16 horas. Baixo o título de “As claves para o éxito”, o seu obxectivo é ofrecer información e coñecementos e ampliar a visión sobre o comercio electrónico a través dos modelos que máis beneficios reportan. Os asistentes sairán da charla sabendo que é e como funciona o comercio electrónico e como desenvolver unha estratexia para conseguir o máximo beneficio nas tendas en liña.

O programa inclúe os seguintes contidos: O comercio electrónico B2C en España; claves dos modelos de negocio que funcionan e que non funcionan; ecuación de ingresos e claves do marketing dixital; ecuación de marxe e claves loxísticas e de medios de pago; captación, conversión e custo.

Nas tres semanas seguintes haberá outras tres videoconferencias. O día 12 de xuño sobre prezos e competencias, o 19 de xuño centrada nas campañas de promoción e o 26 de xuño sobre plataformas e tendas.

Contratación de viaxes

Ademais, para o próximo luns 4 de xuño está programada outra actividade na Aula CeMIT: unha charla sobre a contratación de viaxes, neste caso a cargo da Escola Galega de Consumo.

A partir das 12 da mañá explicaranse os dereitos que protexen aos consumidores á hora de contratar viaxes, fundamentalmente a través de internet. Dispoñer da información necesaria é importante para ser consumidor responsable e, por iso hai que tomar certas precaucións e seguir unha serie de consellos como elixir ben a axencia de viaxes ou usar pasarelas de pago.

Tanto para esta charla como para os coloquios sobre comercio electrónico requírese inscrición previa, que pode realizarse na propia Aula CeMIT, emprazada no Auditorio Municipal, ou a través do seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/actividades?idCentro=77

comercio

clavesexito

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver