Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O experto José Ángel Ruibal explicoulles como detectar posibles casos de violencia e como actuar ante eles

- Esta acción formativa é unha das medidas incluídas no Plan de Igualade do Concello

XornadaIgualdade1

Valga, 13 de marzo de 2026.

O persoal do Concello asistiu esta semana á xornada “Igualdade e protocolo de actuación ante casos de violencia de xénero”, unha acción formativa promovida polo propio Concello en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) e que impartiu o experto José Ángel Ruibal Pérez: criminólogo, axente de igualdade, exinspector da Policía Local de Pontevedra e coordinador, durante 16 anos, do equipo de protección de vítimas de violencia de xénero na cidade do Lérez.

Esta xornada, financiada a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, é unha das medidas incluídas no Plan de Igualdade do Concello.

A primeira parte da actividade centrouse na igualdade de oportunidades en relación aos diferentes ámbitos sociais ou profesonais e, a continuación, Ruibal Pérez abordou a problemática da violencia de xénero, intentando dotar ao persoal municipal de recursos para detectar posibles casos e explicándolles como actuar ante estas situacións de violencia.

XornadaIgualdade2 XornadaIgualdade3

Volver