- Na décima edición do campionato participaron 306 karatekas de 22 clubs de Galicia e Portugal
- O concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, participou na entrega de medallas e felicitou ao club local polo éxito
Valga, 9 de marzo de 2026.
O pavillón de Beiro foi esta fin de semana o epicentro da actividade deportiva en Valga. Alí congregáronse máis de 300 deportistas que participaron no X Campionato de Karate, unha cita que se desenvolveu na xornada do sábado con karatekas de 22 clubs chegados dende toda a xeografía galega e tamén do norte de Portugal.
Durante a mañá disputáronse os encontros das categorías superiores (cadete, júnior e sénior) e, pola tarde, foi a quenda de prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e xuvenís.
En representación do Concello asistiu o concelleiro de deportes, Manuel Ferreiro, que participou na entrega de medallas e aproveitou para felicitar ao Club Karate de Valga non só pola organización do Campionato senón tamén polo labor que realiza para o fomento da práctica deportiva. Conta con 70 deportistas federados nas súas tres escolas de Valga, Lavacolla e Casa Agraria en Santiago.
No torneo do sábado, o Club Karate de Valga participou cunha delegación de 45 deportistas e, por primeira vez nestas dez edicións, acadou o primeiro posto no medalleiro, cun total de 20 metais: 6 ouros, 4 pratas e 10 bronces:
Foron campións:
- Noa Sánchez en Kata Alevín
- Carmen Rodríguez en Kata Xuvenil
- Carla García en Kumite Alevín <32
- Leo Otero en Kumite Xuvenil <42
- Matilda Alonso en Kumite Xuvenil >52
- Ana Otero en Kumite Sénior <61
Subcampións:
- Ana Otero en Kata Sénior
- Noa Sánchez en Kumite Alevín <32
- Julia Rial en Kumite Alevín >32
- Mateo Vigo en Kumite Xuvenil <42
Medallas de bronce:
- Mario Mare en Kata Benxamín
- Lía Sánchez en Kata Benxamín
- Artai Valiña en Kumite Alevín Open
- Marta Leis en Kumite Alevín <32
- Iñaki Vázquez en Kumite Infantil >40
- María Ángeles Diego en Kumite Infantil >42
- Vera Beiroa en Kumite Infantil >42
- Carmen Rodríguez en Kumite Xuvenil <42
- Icia Reboiras en Kumite Xuvenil <52
- Lucía Touceda en Kumite Júnior Open







