- Dezaseis tramos contarán con nova capa asfáltica e, nalgúns, tamén se están a reponer canalizacións
- As actuacións, coas que se reforza seguridade viaria, fináncianse a través do plan + Provincia da Deputación
Valga, 24 de febreiro de 2026.
A tregua dada polas chuvias nas últimas xornadas permitiron que a empresa adxudicataria das obras de mellora de estradas municipais deran un pulo aos traballos en diferentes puntos do concello.
Son un total de dezaseis as estradas obxecto de intervención: Porto Piñeiro, Gándara, Balleas, Outeiro, Vilarello, Baño, Campo-Xanza, A Torre, Parque Empresarial, O Coto, Pumariño, Belén, Devesa-Quinteiro, Fontenlo, Outeiriño e Sixto. Son pistas de titularidade do Concello que se atopaban en malas condicións para a circulación, polo que se proxectou esta actuación para proceder ao seu acondicionamento e reparación. O obxectivo é dar un servizo axeitado aos usuarios, tanto vehículos coma peóns, mellorando a seguridade viaria.
As obras inclúen a limpeza do firme e das marxes con medios mecánicos e a dotación dun novo firme de cinco centímetros de espesor, con mestura bituminosa en quente. Nalgúns tramos tamén se executa a reapertura de cunetas e a reposición de canalizacións de servizos e elementos complementarios coma pozos de rexistro, arquetas ou sumidoiros.
O investimento que se realiza é de 360.510’35 euros, a través do Plan +Provincia da Deputación.







