Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade desenvólvese na Aula CeMIT, impartida pola súa responsable, Vanessa Losada

- Os dispositivos foron adquiridos cunha subvención da Deputación de Pontevedra

CursoTabletsCoral1

Valga, 13 de febreiro de 2026.

Os integrantes da Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro están a participar nun curso para sacar o máximo partido ás tablets que recentemente adquiriron para empregar nas súas actuacións e que supuxeron un paso a adiante na integración de ferramentas dixitais na actividade cotiá da agrupación. Estes dispositivos foron financiados cunha subvención de 10.000 euros do programa Provincia Comunitaria da Deputación de Pontevedra.

O curso estase a impartir na Aula CeMIT por parte da súa responsable, Vanessa Losada, e nel participan, divididos en dous grupos, todos os integrantes da Coral, incluído o director, Manuel López Castro. “A túa partitura dixital: Aprende a utilizar a túa tableta” é o nome da actividade, que ten como obxectivo converter estes dispositivos na ferramenta principal da Coral e axudar aos membros da agrupación a perder o medo á tecnoloxía apoiándose nunha da súas afeccións: a música.

As primeiras sesións foron de introdución ás diferentes utilidades prácticas das tablets e ás posibilidades de conexión social que ofrecen. Tamén traballaron a configuración dos dispositivos, con cuestións coma os tipos de fontes, a seguridade ou o manexo mediante xestos.

Outros contidos do curso están directamente relacionados coa música, como aprender a descargar partituras dende o correo electrónico, subilas á nube en carpetas compartidas ou facer anotacións nelas mediante o uso do lapis e doutras ferramentas de debuxo sobre a pantalla. Tamén aprenderán a usar a tablet para ensaiar na casa, empregando a gravadora de voz ou facendo videoensaios.

Youtube é outra das ferramentas que lles pode ser de utilidade, xa que lles permite buscar outras versións das obras interpretar ou ver actuacións doutras corais. Ademais, para escoitalas, aprenderán a utilizar auriculares tanto con cable coma con Bluetooth.

O curso continuará impartíndose os xoves e venres pola mañá ata Semana Santa.

CursoTabletsCoral2 CursoTabletsCoral3

Volver