Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Concello e Xunta cofinanciaron estas melloras cun investimento de 26.589 euros

- Os novos equipos inclúen ordenadores, pantallas, altofalantes e lectores de códigos de barras

EquipamentoBiblio1

Valga, 9 de decembro 2025.

A biblioteca municipal de Cordeiro conta con novo equipamento, que acaba de ser adquirido polo Concello co obxectivo de mellorar o servizo que ofrece aos lectores e usuarios e modernizar e adaptar as súas instalacións ás necesidades actuais e ás accións que desenvolve o centro, que abarcan dende o préstamo de obras, zonas de lectura e estudo e consultas técnicas.

A adquisición deste novo equipamento, que foi subministrado pola empresa Herbecon Systems S.L., supuxo un investimento de 26.589’75 euros. Co fin de adaptar o servizo ás novas tecnoloxías, dotouse tanto á zona de lectura e préstamos como á área de estudo do equipamento informático necesario que contribúa a facilitar o servizo de consulta por parte dos usuarios e permita, ao mesmo tempo, un axeitado control interno.

Por outro lado, e debido ao crecente número de actividades de fomento da lectura (contacontos, presentacións, etc.) que precisan dun soporte audiovisual, instaláronse os equipos precisos para o seu correcto desenvolvemento.

Os novos equipos informáticos, de son e audiovisuais inclúen: once torres de ordenador, nove pantallas, teclados e ratos. Tamén se adquiriron dous ordenadores portátiles, dous altofalantes, catro lectores de códigos de barras e dúas pantallas proxectoras. Por último, instaláronse sistemas de alimentación ininterrompida e un mini servidor.

 A adquisición deste equipamento foi cofinanciada entre o Concello e a Xunta de Galicia, a través dunha orde de axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para equipamento e mellora de instalacións e locais empregados para realización de actividades culturais.

EquipamentoBiblio2 EquipamentoBiblio3

Volver