Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A violencia de xénero non é un asunto privado, afecta a toda a sociedade

- A educación en igualdade é unha ferramenta fundamental para construír un futuro libre de violencia

Manifesto25 N 2025 1

Valga, 25 de novembro de 2025.

O Concello de Valga súmase, un ano máis, á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, alzando a voz para reafirmar o seu 𝙘𝙤𝙢𝙥𝙧𝙤𝙢𝙞𝙨𝙤 firme e decidido 𝙘𝙤𝙣𝙩𝙧𝙖 𝙩𝙤𝙙𝙖 𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖 𝙙𝙚 𝙫𝙞𝙤𝙡𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖 𝙢𝙖𝙘𝙝𝙞𝙨𝙩𝙖.

Esta é unha data para lembrar ás vítimas, para acompañar ás súas familias e para defender, con unidade e determinación, 𝙤 𝙙𝙚𝙧𝙚𝙞𝙩𝙤 𝙙𝙖𝙨 𝙢𝙪𝙡𝙡𝙚𝙧𝙚𝙨 𝙖 𝙫𝙞𝙫𝙞𝙧 𝙡𝙞𝙗𝙧𝙚𝙨, 𝙨𝙚𝙜𝙪𝙧𝙖𝙨 𝙚 𝙧𝙚𝙨𝙥𝙚𝙘𝙩𝙖𝙙𝙖𝙨.

A violencia contra as mulleres 𝙣𝙤𝙣 𝙚́ 𝙪𝙣 𝙖𝙨𝙪𝙣𝙩𝙤 𝙥𝙧𝙞𝙫𝙖𝙙𝙤 nin un problema illado. É unha vulneración grave dos dereitos humanos que 𝙖𝙛𝙚𝙘𝙩𝙖 𝙖 𝙩𝙤𝙙𝙖 𝙖 𝙨𝙤𝙘𝙞𝙚𝙙𝙖𝙙𝙚. A pesar dos avances, a violencia de xénero continúa sendo unha realidade dolorosa que debe ser combatida con firmeza.

Hoxe reafirmamos o noso compromiso colectivo para erradicar calquera forma de violencia contra as mulleres. Chamamos á unidade, á responsabilidade e á 𝙞𝙢𝙥𝙡𝙞𝙘𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙖𝙘𝙩𝙞𝙫𝙖 𝙙𝙚 𝙩𝙤𝙙𝙖𝙨 𝙖𝙨 𝙥𝙚𝙧𝙨𝙤𝙖𝙨, especialmente dos homes, para identificar, rexeitar e 𝙩𝙧𝙖𝙣𝙨𝙛𝙤𝙧𝙢𝙖𝙧 𝙖𝙨 𝙘𝙤𝙣𝙙𝙪𝙩𝙖𝙨 𝙢𝙖𝙘𝙝𝙞𝙨𝙩𝙖𝙨 𝙦𝙪𝙚 𝙖𝙞́𝙣𝙙𝙖 𝙥𝙚𝙧𝙨𝙞𝙨𝙩𝙚𝙣 na nosa sociedade.

Desde a administración local seguiremos traballando para reforzar as medidas de prevención, 𝙥𝙧𝙤𝙩𝙚𝙘𝙘𝙞𝙤́𝙣, 𝙖𝙩𝙚𝙣𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙚 𝙖𝙥𝙤𝙞𝙤 𝙖́𝙨 𝙫𝙞́𝙩𝙞𝙢𝙖𝙨, así como para promover a 𝙚𝙙𝙪𝙘𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙚𝙣 𝙞𝙜𝙪𝙖𝙡𝙙𝙖𝙙𝙚 𝙘𝙤𝙢𝙤 𝙛𝙚𝙧𝙧𝙖𝙢𝙚𝙣𝙩𝙖 𝙛𝙪𝙣𝙙𝙖𝙢𝙚𝙣𝙩𝙖𝙡 para construír un futuro libre de violencia.

Neste 25-N alzamos a voz para dicir 𝙉𝙊𝙉 𝙈𝘼́𝙄𝙎 𝙑𝙄𝙊𝙇𝙀𝙉𝘾𝙄𝘼. Só desde o respecto, a igualdade e a corresponsabilidade poderemos avanzar cara a 𝙪𝙣𝙝𝙖 𝙨𝙤𝙘𝙞𝙚𝙙𝙖𝙙𝙚 𝙭𝙪𝙨𝙩𝙖 𝙚 𝙨𝙚𝙜𝙪𝙧𝙖 𝙥𝙖𝙧𝙖 𝙩𝙤𝙙𝙖𝙨.

Manifesto25 N 2025 2 Manifesto25 N 2025 3

Volver