Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As camiñadas repetiranse cada semana, percorrendo diferentes zonas e espazos naturais do concello

- A inscrición a estas actividades continúa aberta durante todo o curso para aquelas persoas que queiran incorporarse

Andainas25 1

Valga, 25 de novembro de 2025.

As actividades do programa municipal de envellecemento activo están xa en marcha ao cen por cento despois de que, onte á tarde, se puxeran en marcha as andainas. A primeira camiñada tivo un percorrido circular con saída e chegada no Auditorio Municipal, pasando por espazos coma a lagoa Porto Piñeiro e a Mina Mercedes.

Con motivo do inicio da actividade, os participantes recibiron varios agasallos para empregar nas andainas: unha mochila, unha toalla e un chaleco reflector, que ademais conmemora o Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

As camiñadas, que percorrerán distintas zonas de Valga para achegar á veciñanza ao patrimonio local ao tempo que se promove o benestar físico e emocional dos participantes. Naquelas datas nas que a climatoloxía non permita realizar a saída, esta substituirase por outra actividade no interior do Auditorio.

A inscrición nesta e nas demais actividades de envellecemento estará aberta durante todo o curso, para que as persoas que queiran participar poidan incorporarse. Ademais das andainas, tamén se imparten obradoiros de estimulación da memoria, autocoidado e expresión artística.

Andainas25 2 Andainas25 3

 

Volver