Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As composicións decorativas deben expoñerse entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro e ser visibles dende o espazo público

- O prazo de inscrición, no Concello ou por correo electrónico, remata o 22 de decembro

NadalConcello

Valga, 19 de novembro de 2025.

O Concello convoca a primeira edición do concurso de Decoracións de Nadal e Beléns Artesanais, co fin de promover a creatividade, dinamizar os diferentes núcleos do municipio e fomentar o embelecemento do espazo público durante as festas do Nadal.

Neste certame poden participar dende aldeas, lugares ou núcleos de poboación ata comunidades de propietarios e establecementos situados en Valga e tamén particulares de forma individual, sempre que a decoración ou montaxe que presenten sexa visible dende a vía pública. Esta deberá estar relacionada coa temática do Nadal ou coa tradición dos Beléns e permanecer exposta, como mínimo, entre os días 22 de decembro e 7 de xaneiro.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 22 de decembro, presentando a folla cuberta no rexistro do Concello ou enviándoa ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Os premios que se establecen son os seguintes:

  • 1º Premio: vale de 200 euros e roscón de Reis
  • 2º Premio. vale de 150 euros e roscón de Reis
  • 3º Premio: vale de 100 euros e roscón de Reis
  • Outros nove vales de 50 euros e roscóns para os seguintes clasificados.

Estes vales, que se entregarán o día 5 de xaneiro durante a recepción aos Reis Magos, poderán gastarse en establecementos comerciais de Valga.

Á hora de designar aos premiados, o xurado terá en conta, entre outros, criterios coma a creatividade, orixinalidade e vistosidade global da decoración; o deseño, montaxe e selección dos materiais empregados, dándose especial valoración ao uso de materiais reciclados ou de refugallo e a iluminación de baixo consumo.

ConcursoDecoraciónNadal

Volver