Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os COIN inclúen aireadores e termómetros para facilitar a compostaxe doméstica

- Máis de 1.000 vivendas de Valga xa dispoñen de composteiros para a reciclaxe dos biorresiduos

CompraComposteiros1

Valga, 18 de agosto de 2025.

A rede municipal de compostaxe, unha aposta do Concello para fomentar a correcta separación e reciclaxe dos residuos orgánicos, segue a avanzar chanzos co obxectivo de chegar á practica totalidade da poboación valguesa.

Nestes momentos son máis de 1.000 os composteiros domésticos que se atopan distribuídos noutras tantas vivendas do termo municipal e o Concello vén de adquirir outros 200 para continuar reforzando o modelo e atender ás novas solicitudes por parte da veciñanza. De feito, destas 200 novas unidades xa foron entregadas, de xeito gratuíto, arredor de 40.

Nos composteiros poden depositarse restos de comida cociñada ou crúa (carne, peixe, espiñas, ósos, mondas, pousos do café...) e tamén restos vexetais (céspede acabado de cortar ou plantas de todo tipo). Cada vez que se introducen restos no composteiro estes deben cubrirse cunha capa de estruturante (follas secas, palla, restos de poda triturados ou outros restos leñosos) para favorecer o proceso. Unha vez obtido o compost, este pode empregarse para fertilizar hortas e xardíns.

Ademais dos composteiros, tamén se adquiriron 200 aireadores e termómetros, dúas ferramentas necesarias durante o proceso de compostaxe. Os aireadores axudan a remover e mesturar os restos e os termómetros permiten controlar a temperatura que acada o composteiro,

Estes materiais foron subministrados pola empesa Vermican e tiveron un custo de 15.609 euros, dos que 11.610 corresponden a unha subvención da Consellería do Medio Ambiente, concedida a través dunha orde de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para implantación de recollida separada de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles, cofinanciada polo Fondo Europeo de Recuperación e Resiliencia da UE.

Os restantes 3.999 euros son financiados polo Concello con fondos propios.

CompraComposteiros2 CompraComposteiros3

.

Volver