Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Celebrarase o día 20 de decembro e todas as persoas e entidades que queiran aportar agasallos poden levalos a local do Belén calquera día a partir das 18:30 horas

- Esta actividade solidaria, organizada por Amigos do Belén, xa xuntara en 2023 máis de 6.200 euros para esta causa

Carracedo3

Valga,  6 de novembro de 2025.

A asociación Amigos do Belén organiza neste Nadal a quinta edición da súa Tómbola Benéfica, que nesta ocasión volverá a recadar fondos para a  Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, que dirixe o doutor Ángel Carracedo.

A tómbola celebrarase o sábado 20 de decembro nos exteriores do Belén Artesanal. Todos os veciños, casas comercias e entidades de Valga ou da contorna que queiran aportar agasallos para o sorteo poden levalos ao local do Belén todos os días a partir das 18:30 horas

Será a segunda vez que esta actividade solidaria se centre nesta causa, como xa fixo no Nadal do ano 2023, cando a tómbola xuntou 6.220 euros que foron doados integramente á Fundación do doutor Carracedo, catedrático de Medicina Legal pola Universidade de Santiago, investigador de referencia internacional, director do Centro Nacional de Xenotipado-ISCIII, xefe do grupo do CIBERER (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras) e Coordinador da área de Xenética e Bioloxía de Sistemas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).

O cancro, as enfermidades raras e a farmacoxenética son algúns dos ámbitos prioritarios de traballo da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Nas outras edicións da tómbola, os fondos recadados destináronse aos afectados polo Volcán de La Palma, pola DANA de Valencia e á Asociación Española contra o Cancro.

Inauguración do Belén

O Belén Artesanal, que este ano celebra o seu 30 aniversario e que dende comezos do mes de outubro se atopa en proceso de montaxe, inaugurarase o domingo 30 de novembro. O acto institucional terá lugar ás 17:30 horas e, a partir das 18:00, darán comezo as visitas de público con entrada gratuíta.

O nacemento estará aberto ata o 11 de xaneiro e para visitas escolares, grupos e excursións xa se pode solicitar cita a través do teléfono 630 95 25 15.

CartelInauguraciónBelén25

Volver