- O anterior, que chegara ao fin da súa vida útil con 26 anos de antigüidade, foi dado de baixa
- O Nissan Cascais 4x4 está equipado para realizar funcións de patrulla, control e reforzó da seguridade

Valga, 5 de novembro de 2025.
O Concello vén de adquirir con fondos propios un novo vehículo destinado ao servizo de Vixilancia Municipal.
Trátase dun Nissan Cascais, un SUV 4x4, plenamente equipado para realizar as funcións atribuídas a este servizo, e que se centran na vixilancia, patrulla e reforzo da seguridade en todo o termo municipal, ademais de actuacións en situacións de emerxencias.
O vehículo, de segunda man e con cinco prazas, conta con ponte de luces homologadas, iluminación nas parrillas dianteira e traseira, equipos de comunicación, cristais tintados traseiros. Conta con material de sinalización e balizamento, un botiquín de primeiros auxilios e un extintor en polvo. Está, ademais, rotulado.
Con esta adquisición deuse de baixa o anterior vehículo do servizo de vixilancia, un Suzuki Vitara que tiña unha antigüidade de 26 anos e chegara ao fin da súa vida útil, explica o concelleiro delegado de Protección, Civil, Seguridade e Interior, Álvaro Fernández. Con este novo coche “a seguridade verase reforzada”, engade.







