Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Investíronse 94.681 euros cunha axuda do Instituto Enerxético de Galicia (Inega)

- Unha terceira instalación municipal, o Museo da Historia, xa contaba de antes con placas solares

PaneisSolaresAuditorio

Valga, 5 de novembro de 2025.

O Concello ven de dotar a dúas infraestruturas municipais, o Auditorio e a Estación Deputadora de augas residuais, de sistemas de eficiencia enerxética, concretamente preto de 160 paneis fotovoltaicos que permitirán reducir o gasto destas instalacións e subir novos chanzos en materia de autoconsumo e aforro enerxético.

No Auditorio foron un total de 66 as placas solares de 550 Wp que se colocaron sobre a cuberta do edificio, mentres que na depuradora instaláronse 91 paneis.

Ademais, o proxecto incluíu a dotación de sistemas de monitorización que axudarán a adecuar o consumo en función do uso e que tamén permiten detectar avarías.

En total investíronse 94.681’92 euros, que foron cofinanciados entre o Concello e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), entidade dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta.

Unha terceira instalación municipal xa contaba de antes con paneis fotovoltaicos: o Museo da Historia. Este sistema, que transforma a radiación solar en enerxía eléctrica, é un dos máis eficientes do sector das renovables e aporta vantaxes tanto económicas como medioambientais.

PaneisSolaresEDAR PaneisSolaresSistemas

Volver