- Deben comunicar a súa escolla no Concello antes deste xoves, 16 de outubro
- Este programa ten por obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas maiores e previr a dependencia
Valga, 13 de xullo de 2025.
Os veciños de Valga que tramitaron a súa inscrición na temporada 2025/2026 do programa de Turismo Social do Imserso teñen de prazo ata este mércores, día 15, para elixir a viaxe na que desexan participar.
As alternativas que se ofrecen son tres:
- Fuerteventura. Saída o 11 de febreiro, cunha duración de 8 días. Prezo: 478’75 euros por persoa.
- Alacante. Saída o 19 de febreiro, cunha duración de 10 días. Prezo: 309’22 euros por persoa.
- Alacante. Saída o 5 de abril, cunha duración de 10 días. Prezo: 309’22 euros por persoa.
Os beneficiarios do programa xa foron informados dende o Concello mediante cartas enviadas aos seus domicilios. Nelas poden atopar o formulario a cubrir para elixir viaxe. Deben entregalo nas oficinas do Concello antes deste xoves.
Para máis información poden chamar ao número de teléfono 621 204 615.
O programa de Turismo Social ten por obxectivo proporcionar ás persoas maiores de 65 e outros pensionistas estancias en zonas turísticas, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida, a súa saúde e á prevención da dependencia.