Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A mostra, que recompila pezas artesanais creadas polas socias do colectivo, pode verse ata finais de outubro

- Inclúe cadros, prendas feitas a calceta ou gancho e obxectos decorativos

ExposiciónAlbor25 1

Valga, 9 de outubro de 2025.

O Auditorio recibe neste mes de outubro unha exposición de traballos artísticos da asociación de mulleres rurais “Albor”. Trátase dunha recompilación de traballos dos diferentes cursos e talleres que organiza o colectivo presidido por Begoña Piñeiro, que xa poden verse na sala de mostras do edificio municipal.

Entre as obras realizadas polas socias e integrantes do colectivo atópanse unha decena de cadros realizados nas clases de pintura, dende paisaxes ata bodegóns ou escenas costumistas. A mostra tamén inclúe prendas elaboradas no obradoiro de labores, con diferentes técnicas de calceta e gancho.

Outras das actividades que forman parte da programación permanente da asociación de mulleres rurais valguesa son a decoración de tellas e cristalaría Tiffany. A primeira ofrece multitude de posibilidades empregando técnicas diferentes de modelado, maquetismo e pintado.

No taller de cristal as participantes empregan láminas de vidro de diferentes cores e texturas, ás que dan forma para crear pezas moi variadas, dende lámpadas a obxectos decorativos ou bixutería. Algúns dos resultados poden verse ata finais do mes no Auditorio.

ExposiciónAlbor25 2 ExposiciónAlbor25 3

Volver