Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Repararon e pintaron a fachada, actuaron no tellado para evitar filtracións e colocaron novos pisos nas dependencias interiores

- Os dezaseis participantes no Obradoiro, que tamén impartiu traballos forestais, rematan a vindeira semana a súa formación

EscolaTallerFinObras1

Valga, 8 de outubro de 2025.

O acondicionamento do edificio da Escola Taller, no lugar do Forno, completouse nos últimos días a través do módulo de albanelería do Obradoiro de Emprego xuvenil que durante o último ano promoveron os concellos de Valga, Moraña e Portas. Os oito aprendices deste oficio, dirixidos polo experto docente Luis Miguel Paz, realizaron neste proxecto traballos de mellora tanto interiores coma exteriores cuxo resultado é xa visible.

No interior do inmoble desenvolveron tarefas de pintado das diferentes estancias e espazos, colocación de novo piso nas aulas, corredores, almacéns e tamén nos baños. En canto ao exterior, actuaron sobre a fachada reparando fendas, buratos e outros danos que presentaba.

Tamén retiraron canlóns e baixantes deterioradas, executaron unha limpeza con máquina hidrolimpadora e, por último, aplicaron unha capa de pintura. Por último, no tellado colocáronse pranchas de aluminio para evitar a entrada de auga ao interior do edificio.

Esta actuación, que complementaron co acondicionamento dunha das antigas casos dos mestres de Baño, permitiulles poñer en práctica a formación teórica adquirida previamente nas aulas. Con esta combinación de coñecementos teóricos e prácticos, o Obradoiro de Emprego, no que tamén se impartiu un módulo de forestais, trata de facilitar a inserción laboral dos participantes, mozos de ata 30 anos en situación de desemprego.

Un total de dezaseis aprendices participaron no proxecto, que se clausura a comezos da vindeira semana e que foi cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027.

EscolaTallerVisitaObras EscolaTallerFinObras2

Volver