Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Airiños de Caranza, Santa María de Adina e Casino de Carballiño acompañaron á Polifónica Santa Comba de Cordeiro

- O alcalde e o deputado provincial Roberto Martínez asistiron ao concerto

FB IMG 1759653636040

Valga, 5 de octubre de 2025.

A música vocal foi protagonista este sábado no Auditorio Municipal coa celebración do Festival de Outono de Corais, que cumprir a súa décimo sétima edición reunindo a catro agrupacións das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra. A Polifónica Airiños de Caranza (Ferrol), a Coral do Casino de Carballiño e a agrupación Santa María Adina (Portonovo) acompañaron sobre o escenario aos anfitrións e organizadores da Coral Santa Comba de Cordeiro. As catro ofreceron un repertorio propio e, para pechar o concerto, actuaron conxuntamente.

A encargada de abrir o concerto foi a Coral Polifónica Airiños de Caranza, fundada en 1980 no barrio ferrolán do mesmo nome por un grupo de afeccionados á música. Baixo a dirección de Sergio Lorenzo Area, interpretou un programa coas cancións “Yo quiero ser marinero”, “Todo va al ganador”, “Un beso y una flor” e “Torrevieja”.

Tomou o relevo a Polifónica do Casino de Carballiño, un grupo nacido no ano 1979 e que ten como director a Jaime González Pichel. Ofreceron un repertorio cos temas “Iacobus (Música do Camiño de Santiago)” e “Panxea (Música do mundo)”.

A Coral Santa María Adina, dirixida por Josefa Dorado Soto, e que o vindeiro ano celebrará o seu corenta aniversario, cantou para o público as pezas “El rey león”, “A tu lado”, “El reloj” e “Paloma mensajera”.

Por último, actuou a valguesa Polifónica de Santa Comba, que está integrada na actualidade por 39 voces, presidida por Valentina Ferro e dirixida por Manuel López Castro. O seu programa de catro temas incluíu “De ronda”, “O meu amor mariñeiro”, “El anillo de hierro” e “Viendo del norte”.

Como peche da gala, as catro corais interpretaron conxuntamente e acompañados polo público as cancións populares “Que será” e “Fisterra vai na proa”.

Ao festival asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira Malena Isorna e, en presentación da Deputación Provincial, o deputado Ricardo Martínez, que participaron no acto de entrega de agasallos ás corais participantes.

FB IMG 1759653624120

FB IMG 1759653643228

Volver