Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas interesadas en participar poden anotarse no Auditorio Municipal ou a través da Rede CeMIT

- Estas actividades son gratuítas, aínda que contan con prazas limitadas

banner cemit

Valga, 24 de setembro de 2025.

A Aula CeMIT imparte imparte a partir do mes de outubro tres cursos presenciais e gratuítos de Iniciación á Informática e de cómo empregar o móvil e finanzas domésticas. O prazo de inscrición para estas actividades está aberto e as persoas interesadas poden anotarse na propia Aula CeMIT, emprazada no Auditorio Municipal, ou a través da páxina web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal).

O curso de Iniciación á Informática, dirixido a persoas a partir de 16 anos, dará comezo o día 2 de outubro e prolongarase ata o 20 de novembro. Impartirase os xoves de 10:00 a 11:30 horas cos seguintes contidos:

  • Acender e apagar correctamente o ordenador
  • Manexar o rato e teclado con soltura
  • Familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do Sistema Operativo
  • Aprender a xestionar arquivos e carpetas (crear, eliminar, copiar, etc.)
  • Copiar un documento nunha unidade extraíble (disquete, memoria USB)
  • Crear, editar e imprimir un documento cun editor de textos

O número de prazas dispoñibles é de 12.

No tocante ao curso “Aprende a utilizar o teu móvil”, impartirase os venres no mesmo horario entre os días 3  de outubro e 21 de novembro, tamén con prazas limitadas a 12. Os contidos serán:

  • Coñece o teu dispositivo
  • Manexo básico
  • Almacenamento de recursos dixitais
  • Navegación en Internet
  • Correo electrónico
  • WhatsApp
  • Apps para videoconferencias

Ademais, os días 15,21 e 28 de outubro de 10:00 a 12:30 horas terá lugar a da actividade “Finanzas para todos”, que se imparte en colaboración co Banco de España. Nesta xornada abordaranse cuestión como:

  • Pagos e financiamentos e o Portal do cliente do Banco de España: que saber á hora de pagar e endebedarse
  • Recursos, ferramentas e simuladores que ofrece o Banco de España

Neste caso o número de prazas disponibles é de 20 e a participación está aberta tanto a persoas que asistiron á primeira parte do curso coma ás que non o fixeron.

Ademais, no de outubro, tamén terán lugar na Aula CeMIT o exame presencial para as persoas que remataron os cursos de teleformación na plataforma EMA (día 26) e as probas de certificación en Competencias Dixitais  (COMDIX – Nivel iniciación) os días 29, 30 e 31.

Volver