Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Esta formación, complementaria á de albanelería e forestais, impartiuse na Aula CeMIT do Auditorio

- Elaboraron os seus currículos e recibiron información sobre como afrontar probas de selección ou entrevistas de traballo

ObradoiroXuvenilInserción1

Valga, 23 de setembro de 2025.

O Obradoiro de Emprego xuvenil que están a desenvolver os concellos de Valga, Moraña e Portas recibiron nos últimos días formación en inserción laboral e técnicas de busca de emprego, remarcando así o obxectivo deste proxecto: que os dezaseis mozos participantes vexan mellorada a súa empregabilidade e conten con maiores oportunidades de acceder ao mercado de traballo. Este módulo complementario, que tivo unha duración de 15 horas, impartiuse na Aula CeMIT por unha técnica do Plan Integrado de Emprego de Moraña, Portas, Campolameiro e Cuntis.

Estas sesións de orientación laboral ofreceron aos alumnos información sobre as principais canles de busca de emprego, como afrontar unha entrevista de traballo ou as probas de selección, ofrecéndolles a posibilidade de adquirir competencias persoais e profesionais que faciliten a súa inserción.

Ademais, a técnica da Aula CeMIT, Vanessa Losada, colaborou tamén neste módulo, en concreto traballando cos participantes na elaboración dos seus currículos.

Este Obradoiro de Emprego, que rematará no mes de outubro, formou durante un ano a dezaseis mozos dos concellos promotores (Valga, Portas e Moraña) nas especialidades de albanelería e forestais. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE+Galicia 2021-2027.

ObradoiroXuvenilInserción2

Volver