Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O acordo, que foi aprobado o luns polo Pleno, aportará 700.483 euros para actuar no pavillón de Beiro, nas instalacións de Campaña e no campo de Baño

ConvenioXuntaInfraestruturasDeportivas1

Valga, 19 de setembro de 2025.
O alcalde, José María Bello Maneiro, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, asinaron onte o convenio para a concesión ao Concello dun préstamo por un importe de 700.483 euros do Fondo de Cooperación da Xunta para municipios de menos de 50.000 habitantes. O acto de sinatura realizouse en San Caetano e no mesmo tamén estiveron a segunda tenente de alcalde valguesa, Carmen Gómez, e o secretario xeral técnico da Consellería, Yago Borrajo Sánchez.

O obxectivo do convenio, que o pasado luns foi aprobado por unanimidade polo Pleno, é levar a cabo melloras nas instalacións deportivas municipais por valor de 1’4 millóns de euros. Este préstamo sen xuros, a devolver en 8 anos, correspóndese á convocatoria 2025 dunha liña de axudas da Xunta destinada a financiar obras de conservación de patrimonio construído e rexeneración urbana.

O proxecto inclúe actuacións no pavillón de Beiro, no recinto do campo de fútbol de Baño e nas instalacións deportivas de Campaña. Nestas últimas substituirase a herba sintética do campo de fútbol máis antigo, instalándose un novo céspede artificial que seguirá os estándares FIFA Quality Pro, que está indicado para un uso intensivo e que garante rendemento de alta duración. Prescindirase completamente do caucho, adiantándose así o Concello á prohibición do uso deste material, que entrará en vigor en 2031 co obxectivo de reducir a contaminación por microplásticos.

ConvenioXuntaInfraestruturasDeportivas2

Volver