Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Abordaron cuestións relacionadas coa posta en marcha dun negocio, dende a idea ata o finaciamento

- O obradoiro, que tivo unha duración de nove meses e contou con 20 aprendices, clausúrase o vindeiro luns

ObradoiroEmpresas1

Valga, 5 de setembro de 2025.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia, que Valga desenvolveu durante os últimos nove meses xunto cos concellos de Moraña e Portas, clausúrase o vindeiro luns e nestes últimos días de actividade os aprendices completaron a formación recibida cun módulo transversal sobre creación e xestión de empresas de 20 horas de duración.

O docente César Nercellas Simón, da empresa Gadepro Formación e Consultoría, estivo á fronte das sesións, que se desenvolveron nas instalacións da Casa da Cultura de Portas.

Nesta formación, os vinte alumnos das dúas especialidades, carpintería e forestais, traballaron sobre o concepto de negocio dende un punto de vista práctico, abordando asuntos coma a idea do negocio, as formas xurídicas, o financiamento do proxecto ou axudas ao emprendemento.

ObradoiroEmpresas2

 

Volver