Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas que queiran demostrar as súas dotes aos fogóns poden inscribirse no certame dende hoxe e ata o 17 de agosto

- Todos os pratos presentaranse o día 22 de agosto para a súa degustación e valoración por parte do xurado

LOGOANGUIA2025

Valga, 4 de agosto de 2024.

O concurso Anguía Chef busca este ano as mellores receitas que se elaboran en Valga con este delicioso peixe do Ulla e dende hoxe e ata o día 17 de agosto ten aberto o prazo de participación. A folla de inscrición pode descargarse da páxina web municipal (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) ou recollerse en papel nas oficinas do Concello e cubrirse cos datos persoais do cociñeiro participante, o nome do prato e unha breve descrición da receita.

A liberdade é total para á hora de elaborar os pratos, coa única condición de que a anguía sexa o ingrediente principal, admitíndose tanto propostas tradicionais coma innovadoras. A anguía será aportada polo Concello a todos os inscritos co tempo suficiente para que elaboren as súas receitas.

Todas elas deberán presentarse o día 22 de agosto no Centro de Interpretación da Caña do País, ás 21:00 horas, cando se reunirá o xurado para a degustación e valoración de todos os pratos presentados a concurso. Estes deben vir xa cociñados e alí, na Casa da Caña, poderán rematarse e empratarse.

Nese mesmo día, os participantes tamén deberán entregar a receita por escrito con todos os ingredientes e os pasos a seguir para o seu cociñado.

Haberá premio para a mellor receita!!!

AnguíaChef

Volver