- As solicitudes poden tramitarse no departamento de Servizos Sociais do Concello
- Ao centro poden asistir nenos de entre 3 meses e 3 anos de idade
Valga, 1 de agosto de 2025.
A Escola Infantil Municipal de Valga abre un período extraordinario de matrícula ata o día 11 de agosto para cubrir prazas vacantes. O trámite pode realizarse a través da sede electrónica (https://valga.sedelectronica.gal) ou no departamento de Servizos Sociais do Concello.
As familias teñen que cubrir un formulario que poden descargar na páxina web municipal (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) ou solicitar no Concello (986 55 94 56). Nel deben indicar os datos do alumno e dos demais membros da unidade familiar, así coma os servizos que se solicitan (tipo de xornada, horario e comedor, de ser o caso).
Ademais, deben presentar a seguinte documentación:
- Libro de Familia onde apareza o alumno para o que se solicita o ingreso.
- Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Pasaporte dos pais ou titores.
- Certificado de empadroamento ou convivencia da unidade familiar expedido polo Concello.
- No caso de separación, divorcio e nulidade matrimonial, acreditación de dita circunstancia, con expresión do réxime de visitas.
- Unha fotocopia da última nómina de cada un dos membros da unidade familiar en activo. No caso de traballadores autónomos, presentarase o xustificante do último ingreso a conta trimestral presentado.
- No caso de que un ou varios dos membros da unidade familiar non teñan ocupación laboral, presentarán unha certificación do INEM, ou do organismo autonómico correspondente, que acredite a situación de desemprego ou de percepción, ou non, de prestacións por aquel concepto.
- No caso de persoas que tivesen presentada a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF):
- Unha copia da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas da unidade familiar. En caso de declaración individuais, presentarán unha copia da declaración de cada membro da unidade familiar obrigado a declarar.
- Os solicitantes da devolución rápida presentarán unha copia da comunicación que lles remitira a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) en aplicación da normativa tributaria reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
- No caso de persoas que non tivesen presentada a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, certificación dos datos existentes na administración, que expide a Axencia Estatal da Administración Tributaria.
Na Escola Infantil Municipal poden matricularse nenos de 3 meses a 3 anos de idade.