Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Mañá dará comezo a terceira quenda do campamento de conciliación, que se desenvolve no colexio de Baño

- O Concello ofertou 200 prazas gratuítas para favorecer a conciliación familiar durante o verán

EVFinXullo1

Valga, 31 de xuño de 2025.

A Escola de Verán, organizada polo Concello co obxectivo de facilitar a conciliación das familias valgueses durante as vacacións escolares de verán, pecha hoxe a segunda quenda. Nos últimos quince días, un grupo de sesenta rapaces de 3 anos en diante participaron nas actividades, que se desenvolven no recinto do CEIP Baño-Xanza en horario de mañá (de 9:00 a 14:00 horas). En total, o Concello ofertou 200 prazas gratuítas para todo o verán, das que 120 se cubriron no mes de xullo.

Os participantes nesta segunda quenda de xullo recibiron onte a visita da concelleira de Educación, Carmen Gómez, que acudiu a despedilos e a interesarse por todas cantas actividades realizaron nas dúas últimas semanas. Seguindo co tema elixido para esta edición da Escola de Verán, “Exploradores do saber”, realizaron diferentes obradoiros científicos, recolleron insectos e crearon terrarios para eles con materiais de refugallo, foron de excursión ao Parque Irmáns Dios Mosquera onde participaron nunha búsqueda do tesouro. Tamén realizaron actividades saudables e torneos deportivos de baloncesto, balonmán, datchball e fútbol, fixeron manualidades e papiroflexia e crearon as súas propias insignias de exploradores. Ademais, organizaron o seu propio concurso de talentos.

Mañá, coa entrada do novo mes, comeza a aventura para un novo grupo de rapaces que compartirán diversión durante outros quince días.

EVFinXullo2 EVFinXullo3

Volver