Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As actividades desenvolvéronse entre onte e hoxe na Aula CeMIT

- Os participantes construíron autómatas de cartón e conseguiron darlles movemento

GirlSteam25 1

Valga, 23 de xullo de 2025.

A mocidade de Valga tivo esta semana un novo achegamento ás novas tecnoloxías da man do proxecto Girl Steam, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia co obxectivo de espertar o interese dos máis novos polas disciplinas Steam (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) e ofrecerlles, de xeito gratuíto, formación e recursos dixitais.

Os obradoiros desenvolvéronse na Aula CeMIT onte á mañá e continúan hoxe, co formador da Amtega André Adrio á fronte.

Os participantes construíron autómatas de cartón, creando os seus propios deseños en función das súas preferencias e gustos, e despois puxéronos en movemento a través dun motor programable construído a partir dun kit de robótica. Combinaron, deste xeito, creatividade coa aprendizaxe das últimas tecnoloxías.

GirlSteam25 2 GirlSteam25 3

Volver