Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade, que se desenvolverá no monte de Beiro, conta con 15 prazas, tendo prioridade persoas relacionadas co sector

- Os contidos inclúen conceptos sobre seguridade no traballo e prácticas coas dúas ferramentas

MonteBeiroLimpeza

Valga, 16 de xullo de 2025.

O monte de Beiro será o lugar no que se imparta, a comezos do mes de agosto, un curso de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e rozadoira, organizado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, coa colaboración do Concello de Valga. O prazo de inscrición está aberto ata finais deste mes de xullo.

O curso, que é gratuíto, desenvolverase os días 6, 7 e 8 de agosto en horario de 9:00 a 14:00, co obxectivo de proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais, fomentando a adquisición de habilidades e a cultura preventiva para diminuír os accidentes laborais.

A actividade ten un carácter presencial e diríxese a persoas traballadoras maiores de idade. Terán prioridade aqueles solicitantes con vinculación laboral ou formación na materia e, unha vez seleccionado este grupo, o resto de inscricións atenderase por orde de presentación ata un máximo de 15 prazas.

Os contidos inclúen:

  • Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
  • Prevención de riscos laboráis no manexo de maquinaria forestal, principalmente motoserra e rozadoira.
  • Equipos de protección individual.
  • Planificación dos traballos de aproveitamento forestal.
  • Primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente.
  • Prácticas de manexo seguro da motoserra e da rozadoira (identificación dos dispositivos de seguridade; mantemento, montaxe e desmontaxe; técnicas de manexo das ferramentas; técnicas de apeo derramado e tronzado)

Para tramitar a inscrición é preciso cubrir a folla de solicitude (pode descargarse en na ligazón https://valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes) e enviala ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. xunto cunha copia do DNI ou pasaporte e, de ser o caso, a documentación xustificativa de pertenza ao grupo prioritario.

Para máis información, pode contactarse coa empresa xestora a través dos teléfonos 981 551 704 e 649 163 747.

CursoMotoserra

Volver