Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estanse a instalar catro portas novas, dez fiestras e catorce pequenas ventás

- Estes traballos son financiados a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas deportivas da Deputación

CarpinteríaExtPavillónBaño1

Valga, 15 de xullo de 2025.

O pavillón de Baño atópase en fase de renovación da carpintería exterior, uns traballos que está a executar a empresa García Sistemas de Carpintería e que forman parte dun paquete de obras por valor total de 110.900 euros que se financian con cargo ao Plan Extraordinario de Infraestruturas deportivas da Deputación Provincial.

O recinto deportivo estase a dotar con:

Catro portas practicables de alumnio de dúas follas e apertura cara ao exterior. Dúas de dimensións 1'6x2'4 metros, outra de 1'7x2'4 e a cuarta de 1'6x2'3.

Oito ventás practicables dunha folla e de dimensións 1'0x2'4 metros, dúas con fixo inferior e as outras seis con partes fixas tanto arriba coma abaixo.

Dúas fiestras fixas

Catorce pequenas ventás.

Trátase de carpintería con dobre acristalamento e con rotura de ponte térmica, un sistema que, entre as súas vantaxes, mellora o illamento, evita a condensación e contribúe ao aforro enerxético.

Ademais da renovación de parte da carpintería de aluminio, esta fase de melloras no pavillón tamén inclúe:

Traballos de fontanería coma a renovación dos aparellos sanitarios nos aseos e o cambio das correspondentes tubaxes.

Melloras na recollida de augas pluviais e na drenaxe.

Recubrimento da fachada con paneis sandwich.

Este recinto deportivo, que está a piques de cumprir trinta anos de antigüidade, conta cunha superficie aproximada de 1.500 metros cadrados, repartidos entre a pista polideportiva, os vestiarios, aseos e gradas. Nel practícanse disciplinas coma fútbol sala, baloncesto, tenis, patinaxe ou judo e realízanse actividades educativas e de carácter cultural.

CarpinteríaExtPavillónBaño2 CarpinteríaExtPavillónBaño3

BañosPavillónBaño1

Volver