- Esta foi unha das peticións que o alcalde lle plantexou á conselleira de Infraestruturas na xuntanza que mantiveron a comezos de xuño
- A intersección, que é empregada por autobuses interurbanos, atópase en pendente e isto dificulta a visibilidade
Valga, 8 de xullo de 2025.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, vén de executar melloras na PO-548 ao seu paso por Valga, en concreto na subida ao Alto de Cordeiro, para reforzar a seguridade viaria na conexión entre a estrada autonómica e unha vía de titularidade municipal en Beiro (Cordeiro).
Esta intersección atópase en pendente o que dificulta a visibilidade aos condutores que, procedentes deste lugar, pretenden acceder á PO-548. As obras acometidas pola Xunta consistiron en habilitar un carril de incorporación para así mellorar a seguridade no cruce que, ademais, é empregado por autobuses que realizan traxectos interurbanos.
Esta fora unha das peticións que o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira Carmen Gómez lle plantexaran á conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue, na xuntanza que mantiveron a comezos do pasado mes de xuño.