Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As dúas vías que enlazan coa estrada nacional pasan a ser de sentido único de circulación

- Os investimentos realizados nos últimos meses achéganse ao medio millón de euros

ReordenaciónRúaCuartel1

Valga, 2 de xullo de 2025.

Nos últimos días procedeuse á reordenación do tráfico na conexión entre a estrada N-550 e a rúa do Cuartel, en prol dunha maior seguridade viaria. Neste punto son frecuentes as incorporacións e xiros de vehículos, co conseguinte risco de colisións.

Tralos cambios establecidos, as dúas vías que enlazan coa estrada nacional pasan a ser de sentido único de circulación.

Deste xeito, os condutores que circulen pola N-550 e queiran xirar cara a rúa do Cuartel, tan só poderán facelo empregando o cruce máis próximo ao bar Rouxel.

No caso dos vehículos que queiran incorporarse á N-550 terán que utilizar a outra saída, podendo xirar en ambas direccións, cara Pontecesures ou cara Caldas.

Esta actuación foi levada a cabo polo Concello e incluíu a colocación de sinais verticais, o pintado de sinalización horizontal e a creación de oito prazas de estacionamento, unha delas para persoas con mobilidade reducida

Deste xeito, danse por concluídas as melloras executadas nos últimos meses no tramo urbano da estrada N-550:

  • Renovouse completamente a rede de recollida de augas pluviais
  • Colocáronse novas tubaxes para o abastecemento
  • Soterrouse o cableado das redes eléctrica e telefónica
  • Instaláronse novas lámpadas LED na rede de alumeado público
  • Reconstruíronse as beirarrúas con lousa hidráulica de formigón
  • Mellorouse a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.
  • Reforzouse a sinalización horizontal na estrada
  • Pintáronse prazas de aparcamento
  • Colocáronse varandas de seguridade nos puntos con maior desnivel para evitar caídas

O investimento total achegouse ao medio millón de euros, con aportacións da Xunta, Deputación e do Concello.

ReordenaciónRúaCuartel2 ReordenaciónRúaCuartel3

Volver