Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Este módulo, de 15 horas de duración, foi impartido na Aula CeMIT do Auditorio

- O obxectivo é favorecer a incorporación dos aprendices ao mundo laboral unha vez rematen o período formativo

OEmpInserción1

Valga, 16 de xuño de 2025.

Os participantes no Obradoiro dual de Emprego Ulla-Umia, promovido polos concellos de Valga, Moraña e Portas e subvencionado pola Consellería de Emprego, continúan a recibir as materias complementarias incluídas dentro do programa formativo, coma a de inserción laboral e técnicas de busca de emprego, un módulo de 15 horas de duración que se impartiu na Aula CeMIT do Auditorio.

O obxectivo desta formación é mellorar a empregabilidade do alumnado e proporcionarlles fórmulas e ferramentas de busca de emprego que lle faciliten a súa entrada no mercado de traballo.

Entre os contidos teórico-prácticos incluídos no módulo atópanse a estrutura e tendencias do mercado laboral, as competencias profesionais e persoais ou as actitudes e a motivación na busca de emprego. En canto aos recursos para a busca de traballo por conta allea, fíxose fincapé nos diferentes canais de busca que os aprendices teñen á súa disposición (internet, portais de emprego, ETTs, bolsas de emprego...). Tamén se lles explicou como elaborar o currículo e a carta de presentación e como afrontar unha entrevista de traballo ou unha proba de selección.

Outro dos aspectos nos que se incidiu foi na importancia da formación continua.

Este módulo foi impartido pola titora do Obradoiro, Ana Lorenzo Rivas.

Ademais desta formación específica, dende o comezo do Obradoiro de Emprego o equipo directivo e docente está a axudar aos participantes na elaboración dos seus currículos e realizando intermediación laboral con empresas e axentes sociais para facilitarlles a incorporación ao mundo laboral unha vez rematen o período formativo.

OEmpInserción2 OEmpInserción3

Volver