Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Nas actividades educativas e de ocio poden participar nenos de 3 a 16 anos, cun total de 200 prazas divididas en catro quendas

- As solicitudes deben presentarse nas oficinas municipais ata o día 19 de xuño

 

Valga, 12 de xuño de 2025.

O Concello organiza durante o período estival actividades gratuítas para favorecer a conciliación familiar coincidindo coas vacacións nas escolas. Son dúas as opcións que se ofrecen para tentar abarcar unha franxa de idade o máis ampla posible que facilite a organización dos pais e familias valguesas. Por unha parte, a Escola de Verán, dirixida a nenos de 3 a 11 anos; e por outra un Campus para mozos de entre 12 e 16.

A Escola de Verán será un espazo lúdico-formativo no que se desenvolverán actividades de coeducación e igualdade, fomentando valores coma o rexpecto, a socialización ou a eliminación de roles de xénero. Deporte, ciencia ou coñecemento da contorna serán algunhas das temáticas sobre as que xirarán as actividades, que se desenvolverán no recinto do colexio Baño-Xanza de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas (agás festivos).

Ofrécense, en total, 200 prazas divididas en catro quendas:

  • Do 1 ao 15 de xullo- 60 prazas
  • Do 16 ao 31 de xullo - 60 prazas
  • Do 1 ao 14 de agosto - 40 prazas
  • Do 18 al 29 de agosto - 40 prazas

Cada neno poderá inscribirse, como máximo, en dúas quendas.

O prazo para anotarse estará aberto ata o día 19 de xuño ás 14:30 horas nas oficinas municipais. O formulario a cubrir pode descargarse na páxina web municipal (https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes), ou recollerse no Concello.

Xunto coa folla de inscrición é preciso presentar a seguinte documentación:

  • Fotocopia do libro de familia ou do título de familia numerosa, de ser o caso.
  • Certificado de empadroamento, só no caso de que algún dos membros da unidade famliiar estea empadroado fóra do Concello de Valga.
  • Documento acreditativo das medidas reguladoras paternofiliais, de ser o caso.
  • Documento que xustifique a situación de ocupación.
  • Acreditación de menor acollido, de ser o caso
  • Familia numerosa: documento acreditativo en vigor.
  • Familia monoparental: documento acreditativo en vigor.
  • Documentación acreditativa de muller vítima de violencia de xénero, de ser o caso.
  • Documento acreditativo de situación en risco de exclusión social (informe emitido polos Servizos Sociais).
  • Acreditación da capacidade económica: declaración da renda correspondente ao ano 2023 e, no caso de persoas non obrigadas, certificado emitido pola AEAT.

O departamento de Servizos Sociais encargarase de realizar unha baremación de todas as solicitudes para a adxudicación das prazas. Teranse en conta criterios coma:

  • Que todos os membros da unidade familiar estean empadroados en Valga.
  • Que os proxenitores do neno solicitante traballen ou estean incluídos nalgún itinerario de inserción laboral.
  • Familias que acrediten situación de acollemento familiar.
  • Ser familia monoparental ou numerosa.
  • Que no núcleo de convivencia figuren persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida.
  • Vítimas de violencia de xénero.
  • Familias en risco de exclusión social.
  • Situación económica en base á renda per cápita mensual da unidade familiar.

En caso de non cubrirse o total das prazas ofertadas en cada quenda, estas poderían ser ocupadas por familias que non cumpran algúns destes requisitos, segundo orde de inscrición.

Bases

Folla de solicitude

Documentación a presentar

CartelEscolaVerán25

Volver