- Os aspirantes poden presentar as súas solicitudes e currículos durante un prazo de tres días
- A selección realizarase mediante concurso de méritos, que incluirá unha proba práctica e unha entrevista persoal
Valga, 12 de xuño de 2025.
O Concello vén de aprobar as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral temporal, dun condutor para servizos múltiples durante un período de seis meses.
O operario terá como principais tarefas a realizar o acondicionamento, limpeza de parques e zonas de lecer, conservación de infraestructuras en praias e áreas fluviais, mantemento de vías públicas e outras funcións relacionadas ao Servizo de Obras e Medio Ambiente.
Os candidatos deben cumprir os seguintes requisitos.
- Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
- Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera administración pública, nin se achar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
- Permiso de conducir C+CAP
Ábrese, dende hoxe, un prazo de tres días hábiles para que os aspirantes presenten no Rexistro do Concello as súas solicitudes de participación e currículo, xunto cunha copia do seu DNI e do permiso de conducir requerido.
A selección do condutor realizarase mediante o sistema de concurso oposición, que constará dunha proba práctica consistente na realización dunha tarefa propia do posto, unha entrevista persoal e valoración de méritos, na que os aspirantes poderán acreditar documentalmente a súa formación e experiencia profesional.