Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O CIM ofrece un asesoramento global a mulleres, sendo prioritarios os casos de violencia de xénero e situacións de vulnerabilidade

- As ofertas para optar á adxudicación dos servizos poden presentarse ata o día 19 de xuño

CIMlogo

Valga,  10 de xuño de 2025.

O Concello sacou a licitación os contratos de prestación dos servizos de atención psicolóxica e xurídica do Centro de Información á Muller (CIM), cunha duración inicial dun ano prorrogables ata un máximo de catro.

Dende o CIM, compartido cos concellos de Moraña, Pontecesures e Catoira, realízase unha intervención global dirixida a mulleres, proporcionándolles apoio xurídico e psicolóxico, pero tamén orientación profesional e sociolaboral e desenvolvendo outras accións encamiñadas á consecución da igualdade efectiva. Presta atención directa e presencial nas dependencias do CODI, en Baño, con especial atención ás mulleres en situación de vulnerabilidade e ás vítimas da violencia de de xénero.

Ademais deste traballo directo coas usuarias, o Centro de Información á Muller organiza actividades formativas e de sensibilización e prevención da violencia de xénero e elabora de plans de intervención en coordinación con outras entidades e servizos externos.

No referido aos servizos que agora se contratan, o asesoramento xurídico abarca ámbitos coma o dereito de familia (divorcios, custodias e outras circunstancias), dereito civil e laboral e xustiza gratuíta. En canto á atención psicolóxica, trabállase con mulleres que precisen de intervención a consecuencia de sufrir malos tratos físicos, psicolóxicos ou de calquera outra tipoloxía. Os valor dos contratos ascende a 17.000 e 19.000 euros anuais, respectivamente.

As ofertas para optar á adxudicación poden presentarse ata o día 19 de xuño.

Volver