- Numeroso público aplaudiu o espectáculo conxunto da Orquestra Clásica de Valga e o coro Gli Appassionati
- O alcalde, o secretario xeral da Lingua e a vicepresidenta da Deputación asistiron á función
Valga, 2 de xuño de 2025.
O Auditorio Municipal encheuse de público na tarde de onte para presenciar a estrea do musical “Da Reconquista”, a cargo da Orquestra Clásica de Valga e o coro vigués Gli Appasionati, baixo a dirección de Manuel Villar Touceda.
A obra, inspirada na novela “Os Miserables” de Víctor Hugo, da que colle prestados algúns dos personaxes, reuniu sobre o escenario a máis dunha trintena de músicos e a 65 voces, entre elas dezaseis solistas. Está ambientada a comezos do século XIX, no contexto da Guerra de Independencia Española e do levantamento contra a invasión do exército Napoleónico, ofrecendo unha visión do conflito en clave feminista e remarcando o papel da muller na expulsión dos franceses.
As dúas agrupacións protagonistas interpretaron unha ducia de temas, moi aplaudidos polos espectadores, entre os que se atopaban o alcalde, José María Bello Maneiro; o secretario xeral da Lingua da Xunta, Valentín García; e a vicepresidenta segunda da Deputación, Luisa Sánchez.