Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estas contratacións realizaranse en base a dous convenios coas consellerías de Política Social e de Emprego

 

Valga, 27 de maio de 2025.

O Concello publicou onte na Boletín Oficial da Provincia as bases do concurso-oposición para a contratación, en réxime de persoal laboral temporal, dun técnico para a coordinación de actividades dentro do Plan Municipal de envellecemento activo e prevención da dependencia. O prazo de presentación de solicitudes é de 7 días hábiles contados a partir de hoxe.

Esta contratación realizarase a través dun convenio coa Consellería de Política Social e, entre as funcións que terá este novo técnico, estarán:

- A xestión e coordinación de diferentes actividades organizadas polo Concello e dirixidas á xente maior, entre elas o curso de autocoidado e relaxación, andainas, obradoiros de memoria e pintura do Campus Sénior, talleres de saúde ou cursos de informática.

- Asesoramento personalizado ao colectivo da terceira idade e apoio telefónico para realizar consultas ou completar solicitudes.

- Funcións de apoio en trámites administrativos relacionados coa xubilación, pensións, servizos de saúde ou axudas sociais.

- Axuda a persoas maiores con menos competencias dixitais na súa vida diaria, para que non se vexan excluídas dos servizos que se ofrecen en liña e para resolverlles as dúbidas que poidan xurdirlles neste ámbito.

- Resolver e aclarar dúbidas que poidan xurdirlles ás persoas maiores tras recibir documentos administrativos ou facturas cuxa comprensión pode resultar confusa para quen non estea familiarizado co seu contido.

Catro peóns forestais

Ademais, o Concello tamén convoca catro prazas de peóns forestais, neste caso en colaboración coa Consellería de Emprego, para o desenvolvemento de intervencións no medio natural durante un período de nove meses.

A oferta realizarase a través da Oficina de Emprego, polo que as persoas que queiran optar a estas prazas de peón deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego.

Volver