Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Substituíronse as tubaxes de abastecemento e saneamento, mellorouse o alumeado e reconstruíronse as beirarrúas

- O investimento realizado foi de 464.000 euros, cofinanciados entre Xunta, Deputación e Concello

ObrasN 550Fin1

Valga, 27 de maio de 2025.

Nos últimos días déronse por finalizados os traballos de renovación de servizos na marxe dereita da Avenida da Coruña (estrada N-550), que se desenvolveron nun tramo de máis de medio quilómetro de lonxitude, dende as inmediacións da Casa do Concello ata o bar Rouxel.

  • Renovouse completamente a rede de 𝙧𝙚𝙘𝙤𝙡𝙡𝙞𝙙𝙖 𝙙𝙚 𝙖𝙪𝙜𝙖𝙨 pluviais
  • Colocáronse novas tubaxes para o 𝙖𝙗𝙖𝙨𝙩𝙚𝙘𝙚𝙢𝙚𝙣𝙩𝙤
  • 𝙎𝙤𝙩𝙚𝙧𝙧𝙤𝙪𝙨𝙚 𝙤 𝙘𝙖𝙗𝙡𝙚𝙖𝙙𝙤 das redes eléctrica e telefónica
  • Instaláronse novas 𝙡𝙖́𝙢𝙥𝙖𝙙𝙖𝙨 𝙇𝙀𝘿 na rede de alumeado público
  • Reconstruíronse as 𝙗𝙚𝙞𝙧𝙖𝙧𝙧𝙪́𝙖𝙨 con lousa hidráulica de formigón
  • Mellorouse a 𝙖𝙘𝙘𝙚𝙨𝙞𝙗𝙞𝙡𝙞𝙙𝙖𝙙𝙚 para persoas con mobilidade reducida.
  • Reforzouse a 𝙨𝙞𝙣𝙖𝙡𝙞𝙯𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙝𝙤𝙧𝙞𝙯𝙤𝙣𝙩𝙖𝙡 na estrada
  • Pintáronse 𝙥𝙧𝙖𝙯𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙚𝙨𝙩𝙖𝙘𝙞𝙤𝙣𝙖𝙢𝙚𝙣𝙩𝙤, algunhas para persoas con mobilidade reducida

A circulación de vehículos, que durante as obras estivo regulada con semáforos provisionais, está xa normalizada.

Neste proxecto investíronse un total de 464.248’50 euros, que foron cofinanciados entre Augas de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o propio Concello.

ObrasN 550Fin2 ObrasN 550Fin3

Volver