Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O Concello destina a esta actuación 116.000 euros do Plan + Provincia da Deputación

- Executarase o último tramo da senda, regularizarase a rotonda da intersección e asfaltarase un tramo de pista

CarballiñoObra1

Valga, 20 de maio de 2025.

As obras de mellora da mobilidade e da seguridade viaria na confluencia entre os lugares do Carballiño e do Sixto deron comezo nos últimos días, cun orzamento de 116.042’61 euros que o Concello financia con fondos do programa +Provincia, da Deputación de Pontevedra.

Co obxectivo de diminuír o risco de accidentes e ofrecer un espazo seguro aos peóns, darase continuidade á senda peonil do Carballiño e, ademais, reordenarase a circulación na intersección Carballiño-Sixto. En concreto, regularizarase a rotonda existente e instalará nova sinalización horizontal e vertical para reforzar a seguridade.

No referido á continuación da senda, executarase o último tramo que queda pendente na zona: entre a mencionada intersección e o cruce que dá acceso á empresa ODL. Unha vez rematado, os camiñantes poderán circular de xeito seguro e ininterrompido entre a zona de Pontevalga e a estrada PO-548, en Campaña (á altura da Mina Mercedes).

Para completar as actuacións, colocaranse redutores de velocidade e acondicionarase e asfaltarase dun tramo de pista para dar servizo a vivendas da zona, incluíndo a instalación de canalizacións para abastecemento de augas, saneamento e iluminación.

CarballiñoObra2 CarballiñoObra3

Volver