Data e hora: 6 de maio de 2025 ás 20:30 horas.
Lugar: Salón de Plenos.
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
A) Parte resolutiva
1. Aprobación da acta da sesión anterior celebrada en data 25 de febreiro de 2025.
2. Expediente 275/2022. Incorporación do Concello de Catoira ao convenio de colaboración para a xestión compartida entre Valga, Moraña e Pontecesures da promoción da igualdade.
3. Moción do grupo municipal de PSdeG-PSOE para esixir da Xunta de Galicia que desista do proxecto de Altri e poña en marcha políticas industriais propias do século XXI e solicitar ao Goberno de España que non conceda ningunha subvención á macrocelulosa.
4. Moción do grupo municipal do BNG sobre a creación dun roteiro que conecte as brañas e veigas de Cordeiro e Campaña.
B) Actividade de control
5. Dar conta das resolucións de Alcaldía (art. 42 ROF)
6. Dar conta do informe de Intervención sobre o plan presupostario para os exercicios 2026-2028.
7. Mocións de urxencia
8. Rogos e preguntas.