Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actuación finánciase con 23.474 euros do programa +Provincia da Deputación

- Os refuxios teñen estrutura de pedra e cuberta de madeira e contan cun banco, tamén de pedra, no interior

MarquesiñasDepo1

Valga, 8 de abril de 2025.

Varias paradas de transporte, tanto escolar coma interurbano, están a ser acondicionadas coa instalación de novas marquesiñas. Son en total cinco as que se están a colocar, nalgúns casos para substituír outras xa vellas ou deterioradas e, noutros, en puntos nos que non había refuxio para os usuarios do transporte.

Os lugares se están a dotar de novas marquesiñas son O Forno e Ferreirós en Cordeiro, Senín en Xanza e Outeiro e Pino en Setecoros. O investimento realizado é de 23.474 euros do programa +Provincia da Deputación de Pontevedra.

As características das marquesiñas son: estrutura de pedra con cuberta de madeira e unhas dimensións de 3’20 metros de ancho por 1’95 de alto na parte dianteira. Ademais, inclúen no interior un asento de pedra para maior comodidade dos usuarios mentres agardan a chegada do autobús.

MarquesiñasDepo2 MarquesiñasDepo3

Volver