Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O galardón, da asociación FPEmpresa, foi entregado o pasado venres nun congreso celebrado en Cargatena

- Este proxecto, e máis o exoesqueleto “Ergoprotect”, xa foran premiados pola Xunta de Galicia e fai uns días participaron na feira FP Innova

PremioIESCartagena1

Valga, 7 de abril de 2025.

O IES Plurilingüe de Valga segue a colleitar galardóns para os seus proxectos de innovación tecnolóxica. Despois da exitosa participación no Congreso FP Innova Galicia, o robot para o control de cultivos deseñado no centro vén de recibir un novo premio a nivel nacional da asociación FP Empresa, un colectivo que reúne a centros de formación profesional de toda España co obxectivo de impulsar e fomentar la FP a través do intercambio de experiencias e boas prácticas. Melodía Lorenzo asistiu, en representación do instituto valgués, ao acto de entrega dos galardóns que se celebrou o pasado venres en Cartagena (Murcia).

O proxecto distinguido é  “Agricultura de precisión en cultivos galegos KM0”, que pretende poñer en valor a agricultura de proximidade. Trátase dun robot para o control do crecemento e tratamento de cultivos, cuxa estrutura se corresponde á dun robot de coordenadas cartesianas. Esta proposta combina robótica, visión artificial e IoT. O obxectivo do aparello é manter o cultivo en perfecto estado, avisar e actuar en caso de doenzas na planta, rexistrar o crecemento e detectar o momento axeitado para a recollida dos froitos. Ademais, o sistema é capaz de detectar a necesidade de auga mediante sensores.

Esta tecnoloxía é aplicable a invernadoiros, avanzando na automatización das labores agrícolas, optimizando os procesos de cultivo e maximizando os beneficios. Colaboraron no seu desenvolvemento as empresas O Forno Garden e Almacéns AgroUlla, ambas de Valga, e tamén Gerca, Acero y Metal (Vimianzo).

PremioIESCartagena2 FPInnova2

Volver