Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde inaugurou onte a exposición xunto a representantes das Anpas e da asociación Adeval, os rapaces e as súas familias

- As obras poden verse no Auditorio Municipal ata o vindeiro 31 de maio

infancia1

Valga, 19 de maio de 2018.

Corenta nenos de entre 3 e 17 anos de idade protagonizan a mostra “Infancia Crea”, que dende onte pode verse na sala de exposicións do Auditorio. Son alumnos dos colexios Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo, do CRA de Valga e do CPI Pontecesures, aos que a asociación Adeval e, en concreto, a artista local Ángeles Garrido imparte clases de pintura como actividade extraescolar.

A exposición inaugurouse na tarde de onte coa pesenza do alcalde, José María Bello Maneiro, e as concelleiras Begoña Piñeiro e Carmen Gómez; o presidente de Adeval, José María García, xunto aos artistas e mestres da súa escola de pintura Ángeles Garrido e Pepe Potel; representantes das asociacións de pais dos centros educativos participantes e os rapaces que expoñen obras xunto ás súas familias.

Bello Maneiro destacou a “especial satisfación” que lle produciu inaugurar a mostra “Infancia Crea”, xa que os artistas son “os cativos, o futuro do noso Concello”, aos que felicitou por  “uns traballos impresionantes”. Tamén tivo palabras de agradecemento para a mestra Ángeles Garrido pola paixón pola pintura que consegue inculcarlles aos nenos e, por último, para os pais “que fan un sacrificio para levar aos seus fillos a esta e outras actividades”.

“Infancia Crea” pode verse no Auditorio ata o vindeiro 31 de maio.

infancia2 infancia3 

infancia4 infancia5

Máis fotos: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.246390992576028.1073741981.131969484018180&type=1&l=cfbe6b277d

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver