Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O alcalde asistiu onte á tarde ao acto de inauguración, xunto ás concelleiras Carmen Gómez e Malena Isorna

- As actividades organizadas polo colectivo de mulleres rurais aínda contan con prazas libres

ExpoAlbor24 1

Valga, 1 de outubro de 2024.

O Auditorio recibe neste mes de outubro unha exposición de traballos artísticos da asociación de mulleres rurais “Albor”. Trátase dunha recompilación de traballos dos diferentes cursos e talleres que organiza o colectivo presidido por Rosa Crespo e que abarca disciplinas coma pintura, labores, cristal Tiffany ou tella. Son un total de dez as autoras que firman estas obras: Graciela González, Carmen Vejo, Loli Fuentes, Mary Carmen Seco, Carmen Gontad, Carmen Souto, Sonia Carbia, María Jesús Mosteiro, Carmen García e a presidenta Rosa Crespo.

A mostra foi inaugurada onte á tarde coa asistencia do alcalde, José María Bello Maneiro, e das concelleiras Carmen Gómez e Malena Isorna. O rexedor indicou que “estamos encantados de que, un ano máis, se realice esta exposición” e felicitou ás participantes “polos traballos que realizan durante todo o ano e aos que dedican tantas horas. Son traballos impresionantes que merecen ser vistos por todos os valgueses e usuarios do Auditorio e que, nalgúns casos, parecen feitos por auténticos profesionais”. Bello Maneiro engadiu que “estamos encantados de contar no noso concello con asociacións tan dinámicas coma esta e nós seguiremos apoiándolas para que continúen co importante labor que desepeñan”.

Durante acto tamén interveu Rosa Crespo, que agradeceu ao Concello a cesión da sala de exposicións do Auditorio “para poder amosar os nosos traballos e que a xente vexa as cousas tan fermosas que se realizan nas actividades da asociación”. A presidenta remarcou que nos obradoiros, “ademais de traballar, pasámolo moi ben. É unha forma de saír da casa” e de relacionarse con outras persoas, por iso animou ás valguesas a participar.

A listaxe de actividades organizadas por “Albor” inclúen taichí e labores os luns pola tarde, tella os martes pola mañá, cristal "técnica Tiffany" e pintura (mércores pola tarde). As persoa interesadas en inscribirse poden chamar ao teléfono 607 354 724.

Ademais, acaban de iniciar un obradoiro de adorno floral que se prolongará ata decembro e para o que xa están todas as prazas cubertas.

ExpoAlbor24 2 ExpoAlbor24 3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver