Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O investimento ascende a 59.345 euros e permitirá mellorar a mobilidade na zona

- Parte dos fondos (57.630'97 euros) proceden do Plan Marco da Xunta, que trata de mellorar as infraestruturas en zonas rurais

ObraCamiñoCarracido1

Valga, 16 de setembro de 2024.

O Concello está a executar obras de mellora dun camiño no lugar de Carracido (Cordeiro) a través da empresa Construcciones E.C. Casas, que resultou adxudicataria do proxecto, e cunha subvención da Consellería do Medio Rural a través do Plan Marco. Investiranse na actuación un total de 59.345’55 euros, dos que o 75% proceden do fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Os traballos desenvólvense nunha vía que ten arredor de 300 metros de lonxitude, que arranca na estrada provincial EP-8505 (Ferreirós-Vilar) e desemboca noutra estrada de titularidade municipal. Inclúen tanto a instalación de canalizacións para a recollida de augas pluviais coma o acondicionamento do firme a base de aglomerado en quente con cinco centímetros de espesor. Ademais, nalgúns puntos aumentarase o ancho para chegar aos seis metros en todo o percorrido.

Con esta actuación trátase de mellorar a mobilidade dos residentes na zona dotándoos dunha vía pola que poidan circular en condicións de seguridade. Darlle un pulo ás condicións de vida nas aldeas mediante actuacións de mellora e mantemento das infraestruturas viarias é, precisamente, o obxectivo que persegue o Plan Marco.

ObraCamiñoCarracido2        ObraCamiñoCarracido3

Volver