Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os aprendices de forestais realizan tarefas de limpeza, roza, poda de arborado e xardinería

- O módulo de carpintería reformará as construcións existentes no lugar para recuperar a súa funcionalidade

ObradoiroVII 1

Valga, 14 de xuño de 2024.

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia VII, no que vinte persoas desempregadas de Valga e Moraña reciben formación teórica e práctica nas especialidades de forestais e carpintería, iniciou nas últimas semanas as actuación no noso concello, que terán como un dos puntos principais o miradoiro do Muíño de Vento de Beiro.

Alí están xa traballando sobre o terreo os aprendices do módulo de forestais que, dirixidos polo experto docente Pablo Porta, realizan tarefas de acondicionamento e limpeza de toda a área de esparexemento. Isto inclúe rozas, poda de piñeiros e outros exemplares e retirada de vexetación das zonas empedradas. Tamén está previsto o acondicionamento de xardíns.

Nesta mesma zona está previsto que actúen tamén os alumnos da especialidade de carpintería, que executarán obras de reforma e acondicionamento das construcións existentes nesta área natural para que volvan a ter funcionalidade.

A sétima edición do Obradoiro Ulla-Umia VII inaugurouse a finais do pasado ano. É un proxecto conxunto dos concellos de Valga e Moraña, que conta cunha aportación económica da Xunta de 530.000 euros.

ObradoiroVII 2 ObradoiroVII 3

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver