Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As sesións desenvolverase os luns pola mañá e os xoves pola tarde e poden realizarse inscricións ata o 26 de abril

- O obradoiro tratará aspectos coma a xestión das emocións, a autoestima ou o coidado do corpo

 

Valga, 12 de abril de 2024.

O Concello organiza un curso de autocoidado e relaxación que ten aberto o prazo de inscrición dende hoxe e ata o día 26 de abril. A actividade, que conta coa colaboración da Consellería de Igualdade a través do programa Corresponsables, é gratuíta e está aberta á participación de todo tipo de públicos.

O obradoiro desenvolveras durante os meses de maio e xuño no Auditorio Municipal, os luns de 10:00 a 11:30 horas e os xoves de 18:00 a 19:30. As sesións serán impartidas por especialistas e nelas trataranse aspectos coma o autocoidado social, mental, emocional e físico.

Os participantes coñecerán fórmulas para fortalecer a súa autoestima e mellorar as relacións sociais. Tamén traballarán a mente, a través de disciplinas coma o ioga, e a xestión das emocións. Ademais, outra parte do obradoiro centrarase no coidado do corpo para estar a gusto con un mesmo.

As persoas interesadas en participar deben cubrir a folla de inscrición, que pode descargarse na ligazón https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes ou recollerse nas oficinas municipais, e entregala no rexistro do Concello. Tamén poden obter máis información sobre a actividade a través do teléfono 677 555 748.

Autocoidados

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver