Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As entradas para a función, que comezará ás 19:00 horas, poden adquirirse a través de ataquilla.com

- A serea Ariel protagoniza este espectáculo que recrea o mundo submarino

Sirenita

Valga, 11 de abril de 2024.

O Auditorio Municipal acolle o vindeiro 20 de abril, sábado, un tributo musical á película “La Sirenita”, a cargo da compañía Proscenium. As entradas para a función, que comezará ás 19:00 horas, poden adquirise a través da web ataquilla.com. Tamén poderán mercarse o mesmo día 20 no Auditorio.

Con este espectáculo, dirixido a público familiar, os asistentes poderán mergullarse mundo submarino cheo de música, baile e aventuras emocionantes protagonizadas por Ariel, unha serea curiosa e soñadora que quere explorar o mundo humano

O musical conta cunha posta en escena que recrea os fondos mariños, con traxes coloridos e coreografías que transportarán aos máis cativos a un mundo de fantasía. A música é parte esencial do espectáculos coas cancións máis coñecidas da película de Disney, como “Bajo el mar”.

SirenitaCartelOk

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver